28 de junio de 2011

Asociación Cultural Deportiva Recreativa O PATÍN

Esta asociación está constituida por rapaces e rapazas veciños de Carnota, e viñemos de creala coa intención de impulsar actividades culturais, deportivas e recreativas que se desenvolvan no concello, así como, pretendemos organizar e levar a cabo a festa parroquial das Dolores de Carnota, no mes de setembro.
Coa creación desta páxina, queremos crear un vínculo directo entre nós e vós, coa intención de dar a coñecer as actividades que desenvolvamos, ademais, xa temos creado outro tipo de medios onde podedes ir vendo todo o que organicemos, tanto en Facebook, como Tuenti e incluso Twitter.
Comezamos este camiño con moita ilusión, polo que esperamos contar coa vosa participación e axuda!


Correo-e: acdropatin@gmail.com